Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Vilalba
Parroquia: Alba (San Xoán)
Lugar: A Igrexa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Edificación relixiosa reformada no século XVIII feita en cantaría granítica cos paños en blanco, de planta en cruz latina e cuberta a dúas augas agás no presbiterio que é a catro augas con pináculos nos esquinais. No cume posúe un lucernario de planta octogonal.
Na fachada principal vemos unha porta de aceso con aoco de medio punto no que vemos unha inscrición gravada que di:
“GENESIS ABEL ABRAHAM MELQUISEDEC BAUTISTA APOCALISIPIS”.

Por riba dela un ocelo e, para rematar, unha torre campanario en posición central.

NUn dos muros laterais existe unha porta de aceso con arco escarzano.
No interior podemos ver un teitume con bóveda de medio canón de sección escarzana sobre un arco faxón.

No adro da igrexa podemos ver tamén un cruceiro (http://patrimoniogalego.net/index.php/110851/2021/08/cruceiro-no-adro-da-igrexa-parroquial-de-san-xoan-de-alba/), un cemiterio neogótico e unha edificación adxectiva cuberta.


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:

O interior alberga varios retablos retablos de diferentes épocas:
* O retablo maior é da segunda metade do século XVIII no que aparecen as imaxes da Inmaculada, a Virxe do Carme, San Miguel con dragón, Santa Lucía e Santo Antonio. No segundo corpo do retablo vemos a San Xoán Bautista e a imaxe do Pai Eterno con bola na man e cruz sobre ela.
* O retablo da marxe dereita é do século XIX de estilo neoclásico coas imaxes da Sagrada Familia, o Neno Xesús e San Roque.
O retablo da marxe esquerda é de inicios do século XX no que aparecen as imaxes de Santo Antonio de Padua, San Ramón Nonato e Santa Catarina.

Na cúpula central podemos ver unhas pinturas murais de época recente que mostran ao Salvador, a Fe, a Esperanza e a Caridade.


Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACE WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/GALICIA/documents/LUGPA007.PDF (páxina 5)

BIBLIOGRAFÍA
VV.AA. (1975). Inventario artístico de Lugo y su provincia. Servicio nacional de información artística, arqueológica y etnológica. Ministerio de educación y ciencia.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.260123435809
Lonxitude: -7.7105249416958
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84