Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Vilalba
Parroquia: Goiriz (Santiago)
Lugar: O Campo do Cristo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Edificación relixiosa do século XVI con reforma parcial no XVIII feita a base de cantaría granítica cos panos en branco, con planta rectangular dunha soa nace e cuberta a dúas augas agás no presbiterio que é a catro augas. Nun dos laterais podemos ver unha zona porticada con porta de acceso ao interior.
A fachada principal presenta porta de acceso lintelado sobre o que se pode ver un grabado composto dunha cruz e un corazón. Por riba dela unha fiestra de sección cadrada. Máis arriba unha fornela sen imaxe. O conxunto remata cunha espadana de dous corpos e tres ocos.

Na porta de acceso da zona porticada existe unha placa de madeira coa seguinte inscrición: “Iglesia de Refugio. Año de 1773”. Dita placa fai referencia ao dereito de refuxio dos perseguidos pola lei.


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:

No interior existe un retablo datado na segunda metade do século XVIII coas imaxes do Corazón de Xesús, Santiago peregrino, Santo Antonio, San Francisco, San Roque, Santiago a cabalo (do século XVII) e San Xoán Bautista (do século XVIII).
Na capela lateral un retablo do século XVII coas imaxes da Dolorosa (do século XVIII), Santo Antonio e San Xosé (dos séculos XVII).
Na marxe esquerda un retablo de época recente cobixa as imaxes daInmaculada e outra do século XVIII da Virxe co Neno.

A sancristía alberga un cáliz de prata do século XVII, un copón de prata liso do XVIII, e un Cristo do século XVIII. Tamén unha cruz parroquial de prata do século XVIII, de estilo renacentista con detalles praterescos.


Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/GALICIA/documents/LUGPA007.PDF (páxina 6)

GOIRIZ

BIBLIOGRAFÍA
VV.AA. (1975). Inventario artístico de Lugo y su provincia. Servicio nacional de información artística, arqueológica y etnológica. Ministerio de educación y ciencia.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra:
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.317162942343
Lonxitude: -7.6268142640736
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84