Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Vilalba
Parroquia: Goiriz (Santiago)
Lugar: O Campo do Cristo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Pequena edificación relixiosa feita en cantaría granítica cos panos pintados en branco, de planta rectangular e cuberta a dúas augas. A fachada principal, con pilastras laterais, presenta porta de acceso lintelada e frontón triangular con cruz pétrea de remate.
No interior consérvase un pequeno retablo coa imaxe da Virxe de Fátima. Existe outra imaxe de Santiago peregrino do século XVIII.

Esta capela se atopa próxima á igrexa parroquial (http://patrimoniogalego.net/index.php/110860/2021/08/igrexa-parroquial-de-santiago-de-goiriz/).
Ao seu carón existen dous cruceiros.


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:

O interior alberga un viacrucis composto de litografías do século XIX.


Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

BIBLIOGRAFÍA
VV.AA. (1975). Inventario artístico de Lugo y su provincia. Servicio nacional de información artística, arqueológica y etnológica. Ministerio de educación y ciencia.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.316420074872
Lonxitude: -7.6270994693207
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84