Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Vilalba
Parroquia: Goiriz (Santiago)
Lugar: O Campo de Cristo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Cruceiro que nace sobre dous chanzos de sección cadrada. A súa base cúbica e o seu varal son de sección cadrada coas arestas rebaixadas. O capitel cadrada con molduras dá paso a unha cruz de sección cadrada coas arestas rebaixadas e remates florenzados.
A base do cruceiro presenta unha lenda gravada moi erosionada que reza o seguinte:
“ESTA CRUZ LA PUSO M. RODRIGUEZ BARRO PAZ, AÑO DE 1703, DE CASTRO”.
Ao carón deste cruceiro podemos ver a capela de San Roque (http://patrimoniogalego.net/index.php/110866/2021/08/capela-de-san-roque-22/).

Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/GALICIA/documents/LUGPA007.PDF (páxina 6)
http://cruceirosdegalicia.xyz/270650907.html

BIBLIOGRAFÍA
ARRIBAS ARIAS, Fernando, BLANCO PRADO, Jose Manuel e SAAVEDRA PÉREZ, Mario (2011). Cruceiros do Concello de Vilalba. Ed: Instituto de Estudios Chairegos.
PERNAS BERMÚDEZ, Carmen (2001). As cruces de pedra no olvido. Boletín Informativo “PENA DO ENCANTO”. Instituto de Estudios Chairegos (1)

ENLACES DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.316552460555
Lonxitude: -7.6271110512894
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84