Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Vilalba
Parroquia: Goiriz (Santiago)
Lugar: O Campo do Cristo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Cruceiro que nace sobre dous chanzos de sección cadrada feitos en cachotaría. A súa base cúbica presenta as arestas superiores rebaixadas. O varal comeza en sección cadrada co treito central en sección octogonal. O capitel cadrado con molduras dá paso a unha cruz de sección cadrada, arestas rebaixadas e remates dos brazos florenzados.

Atópase ao carón da igrexa parroquial de Santiago de Goiriz (http://patrimoniogalego.net/index.php/110860/2021/08/igrexa-parroquial-de-santiago-de-goiriz/).


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/GALICIA/documents/LUGPA007.PDF (páxina 6)
https://cruceirosdegalicia.xyz/2706502.html

BIBLIOGRAFÍA
ARRIBAS ARIAS, Fernando, BLANCO PRADO, Jose Manuel e SAAVEDRA PÉREZ, Mario (2011). Cruceiros do Concello de Vilalba. Ed: Instituto de Estudios Chairegos.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.316828055214
Lonxitude: -7.6267958448115
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84