Outra fotografía:

Tipo de ben: Institucións culturais (museos, arquivos, centros educativos...),
Concello: Vilalba
Parroquia: Goiriz (Santiago)
Lugar: O Campo do Cristo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Edificación inaugurada o 13 de xaneiro de 1935, feita en cachotaría granítica cos panos revocados en morteiro agás os esquinais e linteis de portas e xanelas que son en cantaría granítica. Posúe planta rectangular, con dous andares, e cuberta a dúas augas con lousa de xisto.
Na fachada principal, de factura simétrica, presenta todos os seus ocos de portas e xanelas con arcos escarzanos. No primeiro andar vemos un balcón con varanda metálica, e na parte superior un frontón cun ocelo e unha lenda que di:
“SOCIEDAD DE INSTRUCCION Y BENEFICENCIA HIJOS DE GOIRIZ HABANA 1934”.

Esta escola foi promovida pola Sociedad de Instrucción y Beneficencia Hijos de Goiriz, insitución creada polos emigrantes da parroquia que marcharon en busqueda de mellor vida nas lonxanas terras de La Habana (Cuba). Na súa construción tamén colaboraron os veciños da parroquia, que contribuíron con cartos e co seu traballo.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB

GOIRIZ


http://mapas.consellodacultura.gal/escolas/
https://www.elprogreso.es/articulo/noticias/recuerdos-de-la-escuela-habanera-de-goiriz/20141107101600329147.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.317529392337
Lonxitude: -7.6237153500728
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84