Outra fotografía:

Tipo de ben: Fonte,
Concello: Barreiros
Parroquia: Celeiro de Mariñaos (Santa Cristina)
Lugar:
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Pequena fonte de auga ferruxinosa que sae dun só cano situado nun perpiaño e verque a unha pía pétrea de sección rectangular.
Esta fonte está asociada á capela de Santo Estevo do Ermo situada un pouco máis abaixo (http://patrimoniogalego.net/index.php/52018/2013/11/capela-de-santo-estevo-do-ermo/) e onde se celebra unha coñecida romería no Luns de Pascua


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: EquipamentoOutros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:

“As augas desta fonte son moi boas para tratar a anemia; corre pouco pero mántense sen alteracións ao longo do ano. Debe beberse entre 11 e 15 días seguidos, sempre en número impar”.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
https://www.concellodebarreiros.gal/es/turismo/montana/area-recreativa-santo-estevo-do-ermo
https://www.galiciamaxica.eu/galicia/lugo/capeladestoestevo-2/
https://galiciaencantada.com/lenda.asp?cat=4&id=1604


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.52264328788
Lonxitude: -7.2372857906537
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84