Outra fotografía:

Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: Boiro
Parroquia: Lampón (Santiago)
Lugar: Montañó - A Portela
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Neolítico,
Descrición:

Esta anta atópase preto do lugar coñecido como “A Portela” onde se cruza o río Barbanza. Non se divisa moi ben dende os arredores, pero accédese subindo cara o parque eólico e pasando a primeira cancela que hai a man dereita. Despois xa só e seguir o camiño marcado e chégase ao seu carón.

Está formada por once esteios e ten forma poligonal. A tapa está caída no chan, polo que non sería moi complicado podelo reconstruír. Despois da arca do Barbanza e o dolmen máis grande do conxunto megalítico da zoa. O estar un pouco apartada dos demais non a incluíron na ruta megalítica que percorre as outras 13 mámoas da serra.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Ramón Boga, Moscoso. Dólmenes de Galicia (Guías). Baía Edicións, 1997
ISBN 9788489803138


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.6652472304
Lonxitude: -8.9462774992
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84