Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Ribadeo
Parroquia: Arante (San Pedro)
Lugar: Fondo de Vila
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Edificación relixiosa do século XVIII con posteriores reformas no ano 1931. Posúe planta de cruz latina cunha soa nave e cuberta a dúas augas agás no presbiterio que é a catro augas. Presenta dúas sancristías.
Nun dos laterais existe unha porta de aceso con pórtico.

A fachada principal posúe unha porta de aceso con arco lintelado e cabeza de anxo no seu centro. Máis arriba unha fornela, con cuberta a dúas augas e columnas de estilo dóricas na que aparece a imaxe do patrón.
Xusto enriba da fornela un pequeno ocelo.
O conxunto remata cunha espadana de dous corpos e tres vans, con pináculos nos laterais e cruz férrea no cume.

No interior, a nave cóbrese con bóveda de canón e arcos de medio punto que remata noutra bóveda de pavillón sobre tres arcos de pedra, tamén de medio punto. O cruceiro e o presbiterio presentan bóveda de aresta.


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:

A capela da dereita posúe un retablo do século XVII, coas imaxes do Corazón de Xesús, San Roque, San Bernardo e Santo Domingo, todas elas do mesmo século que o retablo.

Existe outro retablo da primeira metade do século XVIII coa imáxes da Virxe do Carme. Existen outras dúas que son San Pablo e San Mateo, dos séculos XVIII.

Outras imaxes que alberga esta igrexa son: un Santo Antonio e un San Caetano dos séculos XVIII.

Ao carón da porta principal de aceso podemos ver a pía bautismal primitiva.


Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/RIBADEO/documents/27886ca001.PDF (ficha 01-01)
http://ribadeo.gal/patrimonio/ficha.php?id=124&c=001,002,003&lg=cas
https://mondonedoferrol.org/includes/tabla-parroquia-ficha.php?id=116
https://www.uparibadeo.net/arante

BIBLIOGRAFÍA
VV.AA. (1975). Inventario artístico de Lugo y su provincia. Servicio nacional de información artística, arqueológica y etnológica. Ministerio de Educación y Ciencia


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.490165618614
Lonxitude: -7.176190916434
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84