Outra fotografía:

Tipo de ben: Petos de ánimas,
Concello: Tomiño
Parroquia: Estás (Santiago)
Lugar: O Outeiro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Peto de ánimas de tipo pechado que forma parte do muro dunha vivenda privada.
O peto nace sobre un perpiaño granítico no que aparece pintado unha lenda moi desgastada e de difícil lectura.
A fornela, con arco de medio punto e protexida con porta metálica, contén un retablo feito en chapa pintada na que aparece un Santo Antonio co Neno no colo como imaxe central, por debaixo un bispo e, na parte inferior, un conxunto de 7 almiñas entre as lapas do Purgatorio.
O caixón das esmolas posúe tampa metálica e se atopa na mesa moldurada da fornela.
Por riba da fornela vemos inscrito o ano da súa feitura: “191?”.
O conxunto remata cun tellado a dúas augas que coroa unha cruz de pedra coas arestas lixeiramente rebaixadas e cos seus extremos cadrados.

Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 41.979842251063
Lonxitude: -8.7627782378417
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84