Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Tomiño
Parroquia: Goián (San Cristovo)
Lugar: San Lourenzo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Cruceiro que nace sobre tres chanzos de sección cadrada. A súa base cúbica de arestas superiores rebaixadas posúe unha lenda en varias das súas caras:
“ESTE CRUCERO
LO IZO POR I SU
MUGER Dº A
LONSSO”
E outra inscrición que di: “AN DE 19” que Estanislao Fernández de la Cigoña Núñez e Félix Loira López interpretan como o ano 1900.
O varal, que comeza en sección cadrada con molduras e continúa en sección octogonal con acanaladuras, posúe unah imaxe nasúa parte media. A continuación un capitel moldurado, que da paso dúas imaxes: o que semella un Cristo de gran tamaño sen brazos no anverso, e a Virxe no reverso.
Próximo ao cruceiro podemos ver a capela de San Lourenzo (http://patrimoniogalego.net/index.php/111071/2021/08/capela-de-san-lourenzo-7/).

Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://cruceirosdegalicia.xyz/360540701.html

REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS
FERNÁNDEZ DE LA CIGOÑA NÚÑEZ, Estanislao e LOIRA LÓPEZ, Félix (2015). Actas do VII Congreso Galego de Cruceiros.

ENLACES DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 41.950612242257
Lonxitude: -8.7945297289322
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84