Outra fotografía:

Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: Ribadeo
Parroquia: Cedofeita (Santa María Madanela)
Lugar: A Currada
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Vivenda privada composta de baixo, primeiro andar e baixo cuberta, de planta rectangular feita a base de cantaría cos muros enfoscados, e cuberta a catro augas con xisto.
Na fachada principal vemos unha porta de acceso lintelada con dous pares de xanelas aos lados. No primeiro andar, e sobre a porta principal, destaca unha balconada.
O conxunto remata cun baixo cuberta no que podemos ver dúas bufardas con vidreiras.
Ao redor da vivenda existen varias edificaciósn adxectivas con funcións agrícolas.
Esta casa indiana do Agrelo aparece documentada no ano 1908, aínda que se sabe que foi reconstruída por Manuel Agrelo Barrera sobre outra anterior chamada “Casarío do río”.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/RIBADEO/documents/27886ca002.PDF (ficha 02-07)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.488272100336
Lonxitude: -7.1255958272092
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84