Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Ribadeo
Parroquia: Vilaselán (Santa María)
Lugar: A Eirexa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Cruceiro que semella de recente factura situado no interior do cemiterio parroquial.
Nace sobre un chanzo de sección cadrada. A súa base cúbica de arestas superiores rebaixadas da paso a un varal que comeza en sección cadrada e continúa en octogonal.
O capitel, decorado con volutas e motivos vexetais, soporta unha esbelta cruz de sección cadrada e arestas rebaixadas na que aparece a imaxe de Cristo crucificado baixo cartela de INRI.

Nunha das caras da base podemos ver unha cartela de mármore coa seguinte lenda:
“EN RECUERDO DE LOS DIFUNTOS
PRESENTES Y AUSENTES DE LA
PARROQUIA DE SANTA MARÍA DE
VILASELÁN”.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.547152973716
Lonxitude: -7.0503145214576
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84