Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Ribadeo
Parroquia: Vilaselán (Santa María)
Lugar: A Eirexa
Outra denominación do ben: Santuario de Nosa Señora da Vilaselán
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Edificación relixiosa do século XVIII construída sobre outra anterior a base de cantaría e cachotaría de lousa cos muros enfoscados. Posúe planta rectangular dunha soa nave, e cuberta a dúas augas de xisto.
Nun dos muros laterais existe unha zona porticada.

Na fachada principal podemos ver unha porta de aceso lintelada e unha torre campanario de sección cadrada que remata cunha cúpula sobre tambor con cruz de ferro no cume.

No interior destaca a súa nave con catro arcos faixóns, a capela maior con arco triunfal e bóveda de aresta.


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:

O interior alberga un retablo maior de estilo neoclásico no que aparece unha imaxe da Nosa Señora de
Vilaselán do século XVII,

Tamén existen outros dous retablo nos laterais, do mesmo estilo e época que o maior.

A igrexa alberga outras imaxes como unha Virxe e un Cristo dos século XVIII,

Outros elementos destacados son dous lenzos de temática mariñeira datados en 1771 e 1881.


Tradición oral:

A igrexa garda varios exvotos con formas de barcos. Unha delas orixinou o santuario no século XVIII, e que a tradición dí que se lle apareceu a uns mariñeiros nos illotes de Pena Furada.

A tradición oral recolle varias coplas (todas elas de inspiración mariñeira) sobre a Virxe de Vilaselán e a súa igrexa:

“Non hai santa como Ela
en tod´a beira do mar
¡é a Maíña de todos!
¡Virxen de Vilaselán!.

Virxen de Vilaselán
de Ribadeo na ribeira
¡non m´esquenzas miña Reina!
que eu sempre te levarei
dentro do meu corazón.

¡Ouh Estrela da Mariña!
¡Ouh Mai groriosa de Dios!
espero que me amparedes
mentras e despois que eu viva
e pídovos que ó finar
me leves pro ceio axiña”.

“Virgen de Vilaselan
danos o ventiño en popa
que somos de Ribadeo
traemos la vela rota”.

«Mar forana e chuvascana
contra o Cabo de Burela,
¡Ai, Dios! a lancha de meu
xa non pode vir a terra.

Xa non pode vir a terra
a lancha cos meus filliños,
¡Virxe de Vilaselán!,
¡meu San Andrés de Teixido!,
non permitás que meus nenos
vaian ao fondo do mare,
que son bós coma os anxiños
e non teño quén me ampare».


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/RIBADEO/documents/27886ca012.PDF (ficha 12.01)
http://ribadeo.gal/patrimonio/ficha.php?id=157&c=001,002,003&lg=cas
https://mondonedoferrol.org/includes/tabla-parroquia-ficha.php?id=162

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/amarina/2017/12/03/virgen-encarnacion-vilaselan-protectora-marineros-emigrantes/0003_201712X3C6991.htm


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.546892812678
Lonxitude: -7.0486357971397
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84