Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: San Sadurniño
Parroquia: Ferreira (San Paio)
Lugar: Ermida de San Cristovo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Cruceiro de tipo “De Crucifixo” con plataforma cuadrangular de tres chanzos e pedestal cúbico con remates en mediacana. Neste pedestal ten a inscrición: ” SE HIZO A DEVOCION DE MANUEL LOPEZ / AÑO 1899″. Ten un varal octogonal que comenza e remata en cadrado. O capitel é cuadrangular con astrágalo cuadrangular e liso. Ábaco de lados curvos e vértices achafranados. Ten volutas e tres anxiños pregando por cada lado. A súa cruz é cuadrangular e no seu anverso presenta a Cristo Crucificado con tres cravos, mans abertas e pé dereito sobre o esquerdo. Ladea lixeiramente a cabeza cara á esquerda cunha coroa de espiñas e un pergamiño coas siglas INRI. O seu pano de pureza vai anoado á dereita. Polo reverso da cruz fica a Virxe en actitude de orar coas mans xuntas sobre o peito e sobre unha peaña. O cruceiro está construído en serpentina cun bo estado de conservación.
Tamén é un BIC declarado: Os cruceiros de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademáis, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español; así o recoñece e garante a Lei 8/1995, do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.511455565398
Lonxitude: -7.9945660491331
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84