Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: A Baña
Parroquia: Sanamede do Monte (San Mamede)
Lugar: Sanamede
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval, Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Edificación de época medieval con posteriores remodelacións no ano 1594 e no século XVIII feita en cantaría granítica con parte dos seus muros revocados con cemento.
Presenta planta rectangular e cuberta a dúas augas, agás no presbiterio e a sancristía que é a tres augas, e con pináculos de bóla nos extremos. Na metade da cuberta vemos un lucernario con cúpula peraltada.
A fachada principal presenta unha porta de acceso con arco de medio punto doelada, unha fornela coa imaxe do patrón e unha ventá con arco de medio punto. No lateral a torre campanario de dous corpos, o último sobre pilastras.
Tanto a fachada principal como a torre campanario son elementos que se engaden no século XVIII.


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:

O interior da igrexa alberga cinco retablos de diferentes épocas, dende o gótico tardío ata o estilo manierista.


Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

REFERENCIAS WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/ABANA/documents/0054CA005.PDF (ficha AR-14 – Páxina 14)
http://concellodabana.gal/index.php/es/a-bana/parroquias
https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/22728/igrexa-parroquial-de-san-mamede-do-monte?langId=es_ES&tp=8&ctre=31


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.93446204833
Lonxitude: -8.7335720453478
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84