Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: A Baña
Parroquia: Sanamede do Monte (San Mamede)
Lugar: Sanamede
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Cruceiro do ano 1643 que nace sobre catro chanzos de sección cadrada. A súa báse cúbica (que semella ser un chanzo máis) posúe sección cadrada con moldura. A continuación o varal de sección octogonal.
O capitel, de forma troncocónica invertida, presenta decoración de volutas, motivos vexetais e cabezas de anxos con ás nas catro caras.
Por último a cruz, de sección cadrada, arestas rebaixadas e remates dos brazos en forma de punta diamante, na que aparecen as imaxes de Cristo crucificado baixo cartela de INRI xunto cao Virxe e San Xoán no anverso, e a Piedade sobre unha peaña con forma de querubín no reverso.
Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
REFERENCIAS WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/ABANA/documents/0054CA007.PDF (ficha CR-13 – páxina 13)
https://cruceirosdegalicia.xyz/1500714.html
REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS
MARTÍN RUÍZ, Luis (1999). Cruceiros na provincia da Coruña. Vol. I. Deputación da Coruña
CARDESO LIÑARES, José (2000). El arte en el Valle de Barcala. FEIRACO FUNDACIÓN, 2000. Tomo I.
ENLACES DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
En xaneiro do 2021 un vehículo chocou contra o cruceiro deformando os seus chanzos.
Ao longo do mesmo ano o cruceiro foi arranxado.
Onde está localizado
Latitude: 42.933969487351Lonxitude: -8.7340231712579
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84