Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Negreira
Parroquia: A Pena (San Mamede)
Lugar: Piaxe
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Edificación relixiosa feita en cantaría granítica, de planta rectangular dunha soa nave e cuberta a dúas augas con pináculos.
Na fachada principal podemos ver unha porta de acceso lintelada e enmarcada, por riba dela, unha fiestra rectangular con derrame interno. Na parte baixa da cornixa existe un gravado: “AÑO DE 1854”. O conxunto remata cunha espadana de época posterior, con dous oocos e cruz pétrea de remate.
No interior destaca un retablo de finais do século XVIII no que aparecen varias imaxes: San Mamede, Santo Antonio e San Roque. Entre os anos 2020 e 2021 a restauración do retablo sacou á luz unha imaxe do Santo Cristo.


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

REFERENCIAS WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/NEGREIRA/documents/0245CA004.PDF (páxina 6)
http://concellodenegreira.gal/index.php/es/turismo/que-ver/patrimonio?id=530

RESTAURACIÓN DO RETABLO
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2021/05/31/descubren-imagen-durante-restauracion-retablo-iglesia-negreira/0003_202105S31C6991.htm


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.93187430878
Lonxitude: -8.8092230098583
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84