Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Negreira
Parroquia: A Pena (San Mamede)
Lugar: Piaxe
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Cruceiro situado nunha encrucillada de camiños que nace sobre 3 chanzos de sección cadrada. A súa base é cúbica de arestas rebaixadas e con sección cilíndrica na parte superior, posúe inscricións moi erosionadas en varias das súas caras, no que se pode ler o seguinte:
“SIENDO PÁRROCO DON (…) AÑO 1894”.
O varal comeza en sección cadrada e continúa coas arestas rebaixadas.
O capitel posúe decoración de motivos vexetais, volutas e custodias nas catro caras.
O conxunto remata cunha cruz de sección cilíndrica con nós na que aparecen as imaxes de Cristo crucificado baixo cartela de INRI no anverso, e a Virxe coas mans entrelazadas e apoiada sobre unha peaña con forma de cabeza de querubín no reverso.

Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

REFERENCIA WEB
https://cruceirosdegalicia.xyz/1505605.html

REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS
MARTÍN RUÍZ, Luis (1999). Cruceiros na provincia da Coruña. Vol. II. Deputación da Coruña
CARDESO LIÑARES, José (2000). El arte en el Valle de Barcala. FEIRACO FUNDACIÓN, 2000. Tomo II

ENLACES DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.932983173029
Lonxitude: -8.8094688614265
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84