Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Ribadeo
Parroquia: Couxela (Santiago)
Lugar: Irexe
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Edificación relixiosa de planta rectangular dunha soa nave, cos muros revocados con cemento, e cuberta a tres augas con lousa. Nun dos laterais existe unha porta de aceso no que se pode ver cantaría.

Na fachada principal podemos ver unha porta de aceso lintelada, unha fiestra e unha torre campanario en posición central que remata en cúpula, pináculos e cruz de ferro no cume.

No interior podemos ver a nave dividida en tres tramos por dous arcos sobre pilastras. O presbiterio posúe arco triunfal peraltado e bóveda de aresta.

Esta igrexa foi reconstruída no ano 1942.


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:

A igrexa alberga dous retablos, un deles do século XVIII.
Tamén alberga varias imaxes, como un Cristo (do século XVIII), así como outras reliquias.


Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/RIBADEO/documents/27886ca003.PDF (ficha 03.01 – páxina 5)
http://ribadeo.gal/patrimonio/ficha.php?id=134&c=001,002,003&lg=cas
https://mondonedoferrol.org/includes/tabla-parroquia-ficha.php?id=126

BIBLIOGRAFÍA
VV.AA. (1975). Inventario artístico de Lugo y su provincia. Servicio nacional de información artística, arqueológica y etnológica. Ministerio de Educación y Ciencia


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.469079592836
Lonxitude: -7.0895009832803
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84