Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Ribadeo
Parroquia: Piñeira (San Xoán)
Lugar: A Eirexa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

Edificación relixiosa do século XVI con posteriores reformas no XVIII e no XX feita en cachotaría, de planta rectangular e muros revocados. Posúe unha soa nave , e está cuberta a dúas augas na nave, tres augas nas capelas laterais e a catro no presbiterio. Posúe pináculos de bola nos extremos.

Na fachada principal vemos unha porta de aceso lintelada. Por riba dela un reloxo de agullas nun oco cadrado. O conxunto remata cunha espadana de dous corpos con vanos en arco de medio punto.

No interior a nave presenta arcos faxóns, e a capela maior posúe bóveda de canón con lunetos.

A parroquia de Piñeira foi doada por Fernando II ao bispo de Mondoñedo no ano 1182 como doazón para establecer a capital da diócese en Ribadeo.


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:

No interior albérganse varios retablos e imaxes (San Roque, San Fernando, Santo Antonio, Santo Domingo de Guzmán, San Xoán Bautista e San Xoán Evanxelistas, todas elas do século XVIII; varios Cristo dos séculos XVIIIe XIX).

Tamén posúe unha cruz procesional de prata da segunda metade do século XVIII, coa imaxe da Inmaculada e cunchas de Santiago, posiblemente obra dun obradoiro compostelano


Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/RIBADEO/documents/27886ca007.PDF (ficha 07.01 – páxina 6)
http://ribadeo.gal/patrimonio/ficha.php?id=150&c=001,002,003&lg=cas
https://mondonedoferrol.org/includes/tabla-parroquia-ficha.php?id=137

BIBLIOGRAFÍA
VV.AA. (1975). Inventario artístico de Lugo y su provincia. Servicio nacional de información artística, arqueológica y etnológica. Ministerio de Educación y Ciencia


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.549799264465
Lonxitude: -7.0613819532041
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84