Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Barro
Parroquia: Valiñas (Santo André)
Lugar: Aldeíña
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Cruceiro do ano 1671 que nace sobre tres chanzos de sección cadrada. A súa base cúbica de arestas superiores rebaixadas presenta inscricións nos seus catro lados que, segundo Estanislao Fernández de la Cigoña Nuñez, di o seguinte:
“ESIECUSILOMº
ASER GRº BUSTO
AÑO 1671 EL MOSO I SU MU
GER CARMEN DO Mº ARNOS PO”.

O varal comeza en sección cadrada e segue en octogonal. Presenta diferentes elementos da Paixón e outras imaxes.
O capitel é de sección cadrada, con volutas e caras de querubíns nos catro lados.
O conxunto remata cunha cruz de sección cadrada e arestas rebaixadas na que aparece as imaxes de Cristo crucificado no anverso, e a Piedade no reverso.

Ao carón dos chanzos podemos ver unha mesa pousadoiro.

Este cruceiro é o máis vello de todo o concello de Barro.

Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

REFERENCIAS WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/BARRO/documents/0716CA003.PDF (ficha AC-11 / páxina 11)
https://cruceirosdegalicia.xyz/360020601.html
https://www.barro.es/gl/web/articulos/valinas

BIBLIOGRAFÍA
FERNÁNDEZ DE LA CIGOÑA NÚÑEZ, Estanislao (2009). Cruces, cruceiros e petos do concello de Barro. Ed: Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía (AGCE)

ENLACES DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.552412823539
Lonxitude: -8.6568822694737
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84