Outra fotografía:

Tipo de ben: Vivenda singular,
Concello: Ribadeo
Parroquia: Rinlo (San Pedro)
Lugar: Rinlo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Edificación indiana de estilo colonial construída no ano 1912 a base de cantaría de lousa e muros revocados con morteiro, de planta rectangular con tres andares e baixo cuberta. A cuberta é a dúas augas de laxas de lousa e tella curva.

Todas as fachadas presentan unha construción simétrica, con ocos de sección rectangular con relevos ornamentais.
No conxunto destaca tamén o miradoiro e a pasarela da cuberta. O miradoiro posúe unha pequena torre de planta ocotogonal que funciona como faro. A pasarela ten forma de L.

Ao redor da casa existen varias construcións adxectivas como dúas garaxes, un lavadoiro, un pozo e un hórreo. Existía tamén unha vivenda de 50 m2 que servía de residencia para o servicio da casa.

Esta vivenda foi promovida por Inocencio Aguiar López, veciño da vila que nace no ano 1857 e emigra a Cuba onde fixo fortuna na industria tabaqueira.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:

O faro da cuberta foi o primer faro do Cantábrico instalado nun inmoble privado. Nun primeiro momento os costos eran sufragados polo dono da casa. Hoxe en día é osteado pola Diputación de Lugo.


Tradición oral:

“Contan os paisanos do lugar que Don Inocencio mandou onstruir a torre do faro como signo de superioridade sobre aqueles que, antes de volver enriquecido de ultramar, se mofaban da súa escasa estatura”.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/RIBADEO/documents/27886ca009.PDF (ficha 9.2 – páxina 4)
http://ribadeo.gal/patrimonio/ficha.php?id=184&c=001,007,008&lg=cas
http://turismo.ribadeo.gal/info.php?id=14&idioma=es&cat=2&sec=21

Indianos ribadenses e o seu legado


https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/180319000246/casa-de-don-inocencio?langId=es_ES&tp=9&ctre=39

BIBLIOGRAFÍA
VV.AA.(2000). Casas de Indianos. Ed: Xunta de Galicia (en liña: https://emigracion.xunta.gal/files/ebiblioteca_files/Casas_de_Indianos.pdf)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.557243337511
Lonxitude: -7.1040758332173
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84