![](https://patrimoniogalego.net/wp-content/files_mf/cache/th_d9631e1bf83dbd91a546ee14ac2a0255_DSC_0583-copia.jpg)
Outra fotografía:
![](https://patrimoniogalego.net/wp-content/files_mf/cache/th_9e72f8a1f075db9904f43ccf46633f23_DSC_0587-copia.jpg)
Tipo de ben: Muíño,
Concello: Ribadeo
Parroquia: Ove (San Xoán)
Lugar: As Aceñas
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Muíño de tipo “muíño de maré” que se atopa na zona intermareal da desembocadura do rego de Ramos, ao carón da Punta da Torba, na marxe esquerda da ría de Ribadeo.
O conxunto componse dun muro duns 70 metros de longo e cas 2 metros de grosor feito en cachotaría de lousa. Nun dos extremos existe unha comporta metálica.
Enriba do muro podemos ver unha edificación feita en cachotaría de lousa, planta rectangular e cuberta a dúas augas onde se atopan o inferno e o tremidaño.
Todo o conxunto do muíño de mareas das Aceñas foi recuperado e restaurado a finais do ano 2006 pola Dirección Xeral de Costas do Ministerio de Medio Ambiente.
Aínda que non está moi clara a data de construción, a profesora Begoña Bas López na súa obra “Muíños de marés e de vento en Galicia” di que : “debe ser anterior a 1750, pues figura en el Catastro de Ensenada (1750-1754)”.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/RIBADEO/documents/27886ca006.PDF (ficha 06.08 – páxina 16)
http://ribadeo.gal/patrimonio/ficha.php?id=213&c=001,015,018&lg=cas
https://www.asociacionbuxa.com/patrimonio/detalle/307
BIBLIOGRAFÍA
BAS LÓPEZ, Begoña (1991). Muíños de marés e de vento en Galicia (Catalogación Arqueológica y Artística de Galicia). Fundación Barrié
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.519630492194Lonxitude: -7.051269354122
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84