Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Portas
Parroquia: Briallos (San Cristovo)
Lugar: O Outeiriño
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Cruceiro do ano 1819 que nace sobre catro chanzos de sección cadrada. A súa base cúbica con escocia presenta dúas lendas que din o seguinte:
“DEVOCIÓN DE MIGUEL BENITO BUCETA Y SU MUJER TAREIXA ALONSO. AÑO 1819”.
“PINTADO DON XOSE V. RUIZ Y SU MUJER V (…) RUIZ. 1869”.

O seu varal comeza en sección cadrada con molduras e continúa coas arestas rebaixadas. Nel existen varias imaxes entre as que destacan unha Virxe cun libro na man, e San Miguel Arcanxo cunha grande espada loitando co dragón (hoxe desaparecido).
O capitel pesenta decoración de volutas, mitivos vexetais e caras de ánxos nos catro lados.
O conxunto remata cunha cruz de sección cadrada e arestas rebaixadas na que aparecen as imaxes de Cristo crucificado abrazado por San Francisco no anverso, e a Virxe do Carme co Neno no colo e apoiada nunha peaña con forma de tres cabezas de ánxos no reverso

Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
https://cruceirosdegalicia.xyz/360400103.html

BIBLIOGRAFÍA
FERNÁNDEZ DE LA CIGOÑA NÚÑEZ, Estanislao (2007). Cruces, cruceiros e petos do Concello de Portas. Ed: Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía (AGCE)

ENLACES DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.561750900007
Lonxitude: -8.6530848683146
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84