Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Portas
Parroquia: Portas (Santa María)
Lugar: O Liñar
Outra denominación do ben: Cruceiro de San Xoán
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Cruceiro situado nunha encrucillada de camiños que nace sobre tres chanzos de sección cadrada. A súa base cúbica de arestas rebaixadas dá paso a un varal de sección ocotogonal no que podemos ver unha imaxe na súa parte media.
O capitel cadrado decorado con volutas soporta unha cruz de sección cadrada, coas arestas rebaixadas e remates dos brazos potenzados, na que podemos ver as imaxes de Cristo crucificado baixo cartela de INRI no anverso e a Virxe co Neno no colo no reverso.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
https://cruceirosdegalicia.xyz/360400304.html

BIBLIOGRAFÍA
FERNÁNDEZ DE LA CIGOÑA NÚÑEZ, Estanislao (2007). Cruces, cruceiros e petos do Concello de Portas. Ed: Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía (AGCE)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.573039048452
Lonxitude: -8.6587379910627
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84