Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Portas
Parroquia: Portas (Santa María)
Lugar: San Xoán
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Cruceiro situado ao carón da capela de San Xoán (http://patrimoniogalego.net/index.php/111463/2021/11/capela-de-san-xoan-6/) que nace sobre unha base de sección circular.
O seu varal comeza cunha pequena sección cadrada con molduras para seguir en sección cilíndrica. Nela aparecen varias imaxes: San Xoán, unha imaxe dun home cun martelo na man, San Francisco e San Miguel Arcanxo alado.
O capitel, decorado con volutas e caras de querubíns nos catro lados, da paso a unha cruz de sección cadrada, arestas rebaixadas e remates dos brazos potentados, na que aparece Cristo crucificado baixo cartela de INRI no anverso, e a Virxe con Cristo xacente no colo no reverso.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACES WEB
http://cruceirosdegalicia.xyz/360400302.html
BIBLIOGRAFÍA
FERNÁNDEZ DE LA CIGOÑA NÚÑEZ, Estanislao. (2007). Cruces, cruceiros e petos do Concello de Portas. Ed: Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía (AGCE)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.575925081275Lonxitude: -8.6585014497213
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84