Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Ribadeo
Parroquia: Ribadeo (Santa María)
Lugar: Ribadeo - Praza de España
Outra denominación do ben: Igrexa de San Francisco
Cronoloxía: Época Baixomedieval, Século XIX,
Descrición:

Edificación relixiosa de planta rectangular que na súa orixe foi catedral (no século XII) e convento franciscano (dende o século XIII ata o ano 1835).
A súa fachada principal presenta unha porta de acceso do século XIV, de estilo gótico, con arco apuntado e 3 arquivoltas e 4 columnas que presentan capiteis decorados con motivos vexetais. Por riba dela unha vidreira rectangular con arco apuntado e decoración de puntas de diamante.
O conxunto remata cunha torre campanario de estilo neogótico.
Nun dos muros laterais existe outra porta de acceso semellante á porta da fachada principal.
O interior da igrexa presenta unha nave central cuberta con bóveda nervada, unha capela maior e catro capelas anexas.
En todo o conxunto da igrexa existen restos do pasado da igrexa: o arco apuntado do presbiterio, algunhas arcadas do antigo claustro do convento,


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:

No interior da igrexa destacan dous retablos de estilo barroco; o do altar maior, restaurado recentemente, posúe as imaxes de San Francisco e Santo Domingo (dos séculos XVIII)
Outras imaxes que podemos ver no interior da igrexa son as de San Pedro, Santa Lucía e Santa Bárbara (dos séculos XVIII) e Santa Rita e Santa Teresa (de época barroca).
Tamén podemos ver varios escudos de armas de importantes familias fidalgas de Ribadeo.


Tradición oral:

Conta a tradición que o antigo convento foi fundado por un discípulo de San Francisco en 1214.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
https://siotuga.xunta.gal/siotuga/documentos/urbanismo/RIBADEO/documents/27886ca008.PDF (ficha 08.01 – páxina 3)
http://turismo.ribadeo.gal/info.php?id=50&idioma=es&cat=57&sec=42

BIBLIOGRAFÍA
VV.AA. (1975). Inventario artístico de Lugo y su provincia. Servicio nacional de información artística, arqueológica y etnológica. Ministerio de Educación y Ciencia


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.535663832854
Lonxitude: -7.0409807173489
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84