Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Ribadeo
Parroquia: Ribadeo (Santa María)
Lugar: Ribadeo - Rúa do doutor Moreda
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Edificación relixiosa da década dos anos 20 do século XX feita en cantaría granítica e muros revocados, de planta de cruz latina e cuberta a dúas augas.
A fachada principal presenta unha porta de acceso enmarcada e unha espadana que remata cun frontón triangular aberto. Vemos tamén dous pináculos de sección rectangular nos extremos.
No interior destacan dous arcos oxivais que separan o cruceiro do presbiterio.
Esta capela substituíu a outra anterior situada ao carón do antigo convento franciscano, máis tarde igrexa parroquial de Santa María do Campo (http://patrimoniogalego.net/index.php/111489/2021/10/igrexa-parroquial-de-santa-maria-do-campo/)

Esta igrexa foi mandada construir por Corona González como mausoleo do seu home, Ramón González, un dos indianos máis coñecidos de Ribadeo, que fino no ano 1925.


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:

No interior destaca o seu retablo maior de estilo rococó, e varias imaxes como unha Imaculada, San Xosé co Neno no colo, San Caetano e San Gregorio, todas do século XVIII. Tamén unha imaxe de San Pedro do século XIX.
Outra imaxe que podemos ver é a de Xesús Nazareno, obra do ano 1865 do escultor mexicano Bernardo Guerrero.
O interior da capela tamén alberga o mausoleo de Don Ramón González.


Tradición oral:
Historia recente do ben:

A prensa dixital do 23 de abril de 2024 recolle o mal estado da cuberta da igrexa (ver referencia bibliográfica)


Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
https://siotuga.xunta.gal/siotuga/documentos/urbanismo/RIBADEO/documents/27886ca008.PDF (ficha 08.06 – páxina 8)
http://ribadeo.gal/patrimonio/ficha.php?id=161&c=001,002,004&lg=cas

HISTORIA DE LA IMAGEN DEL NAZARENO RIBADENSE. REGALO DE UN ESCULTOR MEJICANO.- AÑO 1866.

BIBLIOGRAFÍA
VV.AA. (1975). Inventario artístico de Lugo y su provincia. Servicio nacional de información artística, arqueológica y etnológica. Ministerio de Educación y Ciencia

MAL ESTADO DA IGREXA (ABRIL 2024)
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/amarina/ribadeo/2024/04/18/goteras-suelo-hunde-iglesia-siempre-abierta-ribadeo/0003_202404X18C1991.htm


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.53593385613
Lonxitude: -7.0424321293831
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84