Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Begonte
Parroquia: Baamonde (Santiago)
Lugar: Baamonde
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Edificación relixiosa feita en cantaría granítica e de xisto, de planta rectangular e cuberta a dúas augas na nave, catro no presbiterio e tres na sancristía. Os muros laterais presentan contrafortes. Na cornixa vemos un conxunto de once canzorros e un Agnus Dei.
Na fachada principal vemos unha porta de acceso composta de dúas arquivoltas na que destacan unha serie de pequenos arcos apuntados. O conxunto posúe capiteis con motivos vexetais. Máis arriba unha pequena ventá oxival xeminada e, de remate, unha espadana dun só corpo e dous ocos.
Nunha das fachadas laterais existe outra porta de acceso, similar á porta principal.
No interior destaca un arco triunfal con arco apuntado. Tamén podemos ver dous sartegos que foron feitos para un sobriño do bispo Vaamonde e outro para a súa dona Constanza de Castro (filla bastarda do mariscal Pardo de Cela), pero que nunca foron utilizados.
Esta igrexa comezou a construirse no século IX (do que se conserva un perpiaño prismático que foi utilizado como pía bautismal), con posteriores reformas e modificacións no século XII (a nave) e XV (a capela maior). Foi derrubada no ano 1101, época da Revolta Irmandiña, e volta a por en pé por Pedro Arias Vaamonde, bispo de Mondoñedo.
No adro da igrexa podemos ver un Calvario (http://patrimoniogalego.net/index.php/1345/2011/06/calvario-de-baamonde/) e un fermoso castiñeiro (http://patrimoniogalego.net/index.php/111534/2021/10/castineiro-de-baamonde/)
Fotogrametría:
Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACES WEB
http://siotuga.xunta.gal/siotuga/documentos/urbanismo/BEGONTE/documents/0566CA002.pdf (ficha 1 – páxina 1)
http://www.concellodebegonte.es/gl/turismo/patrimonio-relixioso
https://www.romanicodigital.com/sites/default/files/pdfs/files/LUGO_Baamonde.pdf
https://galiciapuebloapueblo.blogspot.com/2019/05/santiago-de-baamonde-begonte.html
https://www.galiciamaxica.eu/galicia/calvario-iglesia-y-castano-de-baamonde/
BIBLIOGRAFÍA
VV.AA. (1975). Inventario artístico de Lugo y su provincia. Servicio nacional de información artística, arqueológica y etnológica. Ministerio de Educación y Ciencia
MARTÍNEZ LEMA, Paulo (2018). Toponimia de Begonte e Rábade. Colección Terra Nomeada. Real Academia Galega.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.173915022935Lonxitude: -7.7595694900253
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84