
Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: A Baña
Parroquia: Corneira (San Cristovo)
Lugar: Agromaior
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Edificación de finais do século XVIII con posteriores modificacións feita a base de cantaría granítica na fachada principal e cachotaría da mesma pedra no resto dos muros, de planta rectangular dunha soa nave e cuberta a dúas augas. A sancristía apareceacaroada a un dos muros laterais.
Na fachada podemos ver unha porta de acceso lintelada e con molduras. Por riba dela unha fornela coa imaxe do patrón e un pequeno ocelo.
O conxunto remata cunha espadana de dous vans con arcos de medio punto e un pequeno frontón triangular. No cume unha cruz metálica e dous pináculos nos extremos.
No adro da igrexa podemos ver tamén un cruceiro (http://patrimoniogalego.net/index.php/111556/2021/10/cruceiro-no-adro-da-igrexa-parroquial-de-san-cristovo-de-corneira/).
Fotogrametría:
Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/ABANA/documents/0054CA005.PDF (ficha AR-8 – Páxina 8)
https://concellodabana.gal/index.php/es/a-bana/parroquias
https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/191121000174/igrexa-parroquial-de-san-cristovo-de-corneira?langId=es_ES&tp=8&ctre=31
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.955635969117Lonxitude: -8.8107695910595
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84