Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Vigo
Parroquia: Alcabre (Santa Baia)
Lugar: O Muíño do Vento
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

Grazas ás obras de reconversión do antigo matadoiro municipal de Vigo no actual Museo do Mar levadas a cabo no ano 2000 se atopou este xacemento costeiro da idade do Ferro dunha extensión aproximada de 800 m2.
O conxunto, parcialmente visible, estivo habitado entre o s. VII a.C. ata o cambio de era. Durante os séculos III a V d.C. foi utilizado como necrópole de inhumación. A parte visible do castro corresponde ao século I d. C. en pleno período galaico-romano.

Os restos deixan ver un complexo formado por vivendas de planta circular feitas en pedra granítica e restos de vivendas de época anterior feitas en palla e barro.

Pero o máis destacado deste castro é un altar iberopúnico de influenza fenicia (segunda foto desta ficha) composto de tres pequenas pedras fincadas ademáis de outras ao redor en forma de semicírculo e encaixada nunha estrutura cuadrangular. Dito altar atópase no interior dunha vivenda edificada a principios do século V a.C.
O interesante deste altar, xunto ás numerosas pezas cerámicas vinculadas á conserva e transporte en salmoira atopadas nas prospeccións arqueolóxicas, confirman unha estreita conexión cultural e económica entre o Atlántico e o Mediterráneo.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: GA36057153
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:

Ata o de agora saíron á luz máis de 20.000 pezas que permitiron identificar unha tipoloxía de peza cerámica bautizada como “Potiño Alcabre”.
Tamén se atoparon 6 machados de talón feitos en bronce.


Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
PXOM Concello de Vigo.
http://museodomar.xunta.gal/es/explora/1217/castro-de-la-punta-do-muino-de-vento

Castro da Punta do Muíño de Vento (Alcabre)


http://megaliticia.blogspot.com/2015/11/castro-da-punta-do-muino-de-vento.html
https://onosopatrimonio.blogspot.com/2011/07/castros-de-galizagalicia-provincia-de_9.html
http://oestrymnio.blogspot.com/2008/08/relaciones-entre-pueblos-europeos.html
https://www.galiciamaxica.eu/galicia/pontevedra/castroalcabre/
https://www.celtica.es/castro-do-muino-de-vento-alcabre-un-poblado-bajo-el-museo-del-mar-de-galicia/
http://vigoarqueologico.blogspot.com/2007/05/sobre-los-tres-castros-mas-antiguos-de.html
http://arqueovigo.blogspot.com/2008/07/notas-sobre-los-castros-de-vigo-v.html
https://turismoriasbaixas.com/recursopan1?content=280378701
https://turismogalicia.blogspot.com/2010/04/castro-punta-do-muino-en-alcabre-vigo.html
https://www.atlantico.net/articulo/vigo/castro-museo-do-mar-gana-visibilidad-nuevo-espacio/20210405012107831016.html

BIBLIOGRAFÍA
REY CASTIÑEIRA, Josefa, ABAD VIDAL, Emilio, CALO RAMOS, Nuria, MARTÍN SEIJO, María, QUINDIMIL GARCÍA, Lucía, RICO REY, Aldara, RODRÍGUEZ CALVIÑO, Manuel e TEIRA BRIÓN, Andrés. (2008). Unha aportación ó contexto cronocultural e á estructura socioeconómica do Castro da Punta do Muíño (Vigo). Férvedes: Revista de investigación (5)

GONZÁLEZ RUIBAL, Alfredo, AYÁN VILA, Xurxo e RODRÍGUEZ MARTÍNEZ, Rafael. (2009). Buscando a los púnicos en el noroeste. Nuevas aproximaciones a la presencia mediterránea en Galicia y el norte de Portugal durante la Edad del Hierro. VI Coloquio internacional del Centro de estudios fenicios y púnicos – Sevilla.

BUCETA BRUNETI, G. (2003). Memoria de los trabajos de conservación, restauración y musealización del “Castro da Punta do Muíño do Vento”. Alcabre-Vigo-Pontevedra.

SINGUL, F e SUÁREZ, J (2004). Cerámicas ibero-púnicas del Castro de Alcabre. Hasta el confín del Mundo. Diálogos entre Santiago y el Mar. Ed: Xunta de Galicia (en liña: https://www.researchgate.net/publication/342260579_Ceramicas_ibero-punicas_del_Castro_de_Alcabre)

DELGADO CORRIA DOS SANTOS, María Joao (2015). Santuarios rupestres de la Hispania indoeuropea. Tese de doutoramento. Ciencias de la Antigüedad. Universidad de zaragoza. (en liña: https://zaguan.unizar.es/record/31628/files/TESIS-2015-069.pdf)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.224322745429
Lonxitude: -8.769889500145
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84