Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Portas
Parroquia: Portas (Santa María)
Lugar: A Santiña
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval, Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Edificación relixiosa do século XII con engadidos e importantes reformas en épocas posteriores, feita en cantaría granítica, con planta de cruz latina e cuberta a dúas augas. O transepto é obra do século XVIII.
A súa fachada orixinal, de época románica, foi substituída pola que hoxe podemos ver de época barroca. A porta de acceso lintelada aparece decorada con motivos de volutas na súa parte superior. Aos lados da porta dous pares de columnas de estilo dórico. Máis arriba unha fornela coa imaxe da patroa, e unha xanela de sección rectangular con derrame interno. No cume unha cruz e dúas imaxes pétreas que representan a San Pedro e a San Pablo. Nun dos laterais vemos unha torre campanario.
Nos muros laterais existen restos da primitiva fábrica entre os que destacan canzorros, capiteis, un fragmento de arquivolta decorada con dentes de serra, e unha curiosa inscrición moi erosionada acompañada dunha cruz de Malta inscrita nun círculo e que algúns historiadores creen que se pode ler a data de 1180:
“Eª .: Iª : CCª X V III”

No interior destaca o seu presbiterio profusamente decorado, e dúas seteiras da igrexa primitiva.


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:

No adro da igrexa existen dúas pías bautismais de época románica.

No interior destaca un retablo barroco do s. XVIII situado no centro do presbiterio.


Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
https://www.romanicodigital.com/sites/default/files/pdfs/files/pontevedra_Portas.pdf
https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/4636/igrexa-de-santa-maria-de-portas?langId=es_ES&tp=8&ctre=31
https://turismoriasbaixas.com/recursopan1?content=280381466
https://www.arteguias.com/comarcadecaldas.htm


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.579183913722
Lonxitude: -8.6690187905737
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84