Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Vilalba
Parroquia: Soexo (Santa María)
Lugar: A Igrexa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Edificación relixiosa construída no ano 1898 sobre outra de época anterior, a base de cantaría granítica, cos muros revocados en blanco, e cuberta a dúas augas agás no presbiterio que é a catro augas, con pináculos de diamante nos extremos.
Na fachada principal podemos ver unha porta de aceso e unha xanela por riba dela, todas con arco escarzano.
No cume vemos unha espadana de dous corpos. No inferior dous ocos con arcos escarzanos e campás, e o superior cun oco con forma ovoide. O conxunto remata cunha pequena cruz de pedra e pináculos de diamante nos laterais.

No adro da igrexa existe un cruceiro (http://patrimoniogalego.net/index.php/111688/2021/10/cruceiro-no-adro-da-igrexa-parroquial-de-santa-maria-de-soexo/)


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:

O interior alberga varias imaxes como unha Virxe de estilo barroco do século XVII, e outra de estilo popular como unha Piedade.
Tamén podemos ver un retablo situado na sancristía coas imaxes da Dolorosa, San Francisco e Santo Antonio.


Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://siotuga.xunta.gal/siotuga/documentos/urbanismo/GALICIA/documents/LUGPA007.PDF (páxina 6)

SOAXE (SANTA MARÍA DE SOAXE)


https://mondonedoferrol.org/includes/tabla-parroquia-ficha.php?id=309

BIBLIOGRAFÍA
VV.AA. (1975). Inventario artístico de Lugo y su provincia. Servicio nacional de información artística, arqueológica y etnológica. Ministerio de Educación y Ciencia


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.234540685048
Lonxitude: -7.7689074773201
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84