Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Vilalba
Parroquia: Tardade (Santa María)
Lugar: A Capela
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Edificación relixiosa feita en cantaría granítica, de planta rectangular cunha soa nave, e cuberta a tres augas con pináculos nos extremos.
Nun dos laterais da nave podemos ver a sancristía e no outro lado unha zona porticada.
A fachada principal atópase dividida en tres panos. No pano central vemos a porta de acceso lintelada e, por riba dela, unha xanela cadrada con derrame interno.
O conxunto remata cunha espadana de dous corpos. O primeiro corpo formado por un arcos de medio punto. O segundo corpo presenta un pequeno arco de medio franqueado por dous pináculos e rematado por unha cruz de forxa.

No adro da capela existe un cruceiro (http://patrimoniogalego.net/index.php/111724/2021/10/cruceiro-da-capela-da-anunciacion/).


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:

O interior alberga varias imaxes como San Ramón Nonato e Sant Antonio (dos século XVIII); un relevo policromado da Anunciación (do século XVIII; un retablo de madeira xaspeado do século XVIII coa imaxe de San Miguel vencendo ao demo; e unha Virxe co Neno (do século XVIII).

Tamén custodia restos dun retablo de época barroca


Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://siotuga.xunta.gal/siotuga/documentos/urbanismo/GALICIA/documents/LUGPA007.PDF (páxina 6)
https://mondonedoferrol.org/includes/tabla-parroquia-ficha.php?id=310

BIBLIOGRAFÍA
VV.AA. (1975). Inventario artístico de Lugo y su provincia. Servicio nacional de información artística, arqueológica y etnológica. Ministerio de Educación y Ciencia


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.312895976957
Lonxitude: -7.74080097565
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84