Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Vilalba
Parroquia: Tardade (Santa María)
Lugar: A Igrexa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Edificación relixiosa do século XVIII con posteriores reformas no ano 1958 construída a base de cantaría granítica cunha soa nave, muros revocados en blanco e cuberta a tres augas con pináculos nos extremos. A sancristía aparece adosada a un dos muros laterais.
A fachada principal, con pilastras laterais, posúe unha porta de acceso con arco de medio punto e, por riba dela, unha praca de mármore coa seguinte inscrición que fai referencia á reforma desta igrexa:
“HONOR Y GRATITUD
A LA COLONIA DE TARDAD EN CUBA
SU ACENDRADO PATRIOTISMO CON LA COOPERACIÓN
DE LA PARROQUIA HA RECONSTRUIDO ESTA IGLESIA
SIENDO CURA DN JOSE Mª LEAL FERREIRO
AÑO 1958”.
A continuación unha xanela enmarcada de sección cadrada.
O conxunto remata cunha espadana de dous corpos e de recente factura. O corpo inferior con dous ocos con arcos de medio punto, e o segundo cun só oco con arco de medio punto e franqueada por pináculos. No cume unha cruz de pedra.

No adro da igrexa podemos ver un cruceiro (http://patrimoniogalego.net/index.php/111736/2021/10/cruceiro-no-adro-da-igrexa-parroquial-de-santa-maria-de-tardade/).
Nun dos laterais vemos tamén a reitoral (http://patrimoniogalego.net/index.php/111740/2021/10/reitoral-de-santa-maria-de-tardade/).


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:

No interior existen varios retablos. O máis interesante é o retablo lateral, do século XVIII con columnas salomónicas.
Existen tamén varias imaxes, entre elas un santo Antonio e unha Santa Lucía dos séculos XVIII.


Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://siotuga.xunta.gal/siotuga/documentos/urbanismo/GALICIA/documents/LUGPA007.PDF (páxina 6)
https://mondonedoferrol.org/includes/tabla-parroquia-ficha.php?id=310

TARDADE

BIBLIOGRAFÍA
VV.AA. (1975). Inventario artístico de Lugo y su provincia. Servicio nacional de información artística, arqueológica y etnológica. Ministerio de Educación y Ciencia


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.316722519799
Lonxitude: -7.7498812109058
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84