Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Vilalba
Parroquia: Tardade (Santa María)
Lugar: A Igrexa
Outra denominación do ben: Cruceiro de Xurbal
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Cruceiro do ano 1898 que nace sobre tres chanzos de sección cadrada. A súa base troncopiramidal con molduras posúe inscricións moi erosionadas e de difícil lectura.
O varal, de sección octogonal, agás nos extremos que é cadrada, contén elementos da Paixón. O extremos superior cadrado tamén posúe relevos con formas de rombos.
A continuación o capitel, con volutas e e querubíns nos catro lados.
O conxunto remata cunha cruz de sección cadrada, arestas rebaixadas, e remates dos brazos florenzados, na que aparecen as imaxes de Cristo crucificado baixo cartela de INRI no anverso, e a Piedade no reverso.

Este cruceiro atópase no adro da igrexa parroquial (http://patrimoniogalego.net/index.php/111732/2021/10/igrexa-parroquial-de-santa-maria-de-tardade/). Tamén podemos ver a reitoral (http://patrimoniogalego.net/index.php/111740/2021/10/reitoral-de-santa-maria-de-tardade/).

Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://siotuga.xunta.gal/siotuga/documentos/urbanismo/GALICIA/documents/LUGPA007.PDF (páxina 6)
https://cruceirosdegalicia.xyz/270652601.html
https://mondonedoferrol.org/includes/tabla-parroquia-ficha.php?id=310

TARDADE

BIBLIOGRAFÍA
VV.AA. (1975). Inventario artístico de Lugo y su provincia. Servicio nacional de información artística, arqueológica y etnológica. Ministerio de Educación y Ciencia
ARRIBAS ARIAS, Fernando, BLANCO PRADO, José Manuel e SAAVEDRA PÉREZ, Mario (2011). Cruceiros do Concello de Vilalba. Ed: Instituto de Estudios Chairegos (147).

ENLACES DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.316565159368
Lonxitude: -7.7504154871078
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84