Outra fotografía:

Tipo de ben: Fonte, Paisaxe natural,
Concello: Vilalba
Parroquia: Codesido (San Martiño)
Lugar:
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

A Charca do Alligal é unha piscina de formigón de recente creación duns 30 metros de diámetro que se nutre de augas termais que nacen no seu fondo.
A temperatura media anual das súas augas alcanza os 23º.
Ao carón da charca podemos ver unha fonte con tres canos que verque as mesmas augas termais.

Os numeroso bañistas que acoden ao lugar buscan nela un remedio para as doenzas relacionadas cos problemas reumáticos e afeccións crónicas da pel. Na zona existe o costume de adoptar un calendario de baños de sete a once días coa crenza de obter unha maior efectividade.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: EquipamentoOutros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:

Existen varias lendas arredor da Charca do Alligal. Unha delas é a das tres bestas feridas:
“aló nos tempos nos que os paxaros tiñan dentes vivían perto da Charca do Alligal tres doncelas irmás. A mala fada quixo que se namorara das tres un malvado con poderes e que ao non ser correspondido fixo que as tres mozas tomasen figura de bestas bravas. Imaxinade o sufrimento das tres mociñas trasmudadas en bestas, non afeitas a andar entre toxos e silvas, agatuñando penedos e sebes, sempre rabuñadas, ensangrentadas e doloridas. A fada, agora boa, quixo que un día descubrisen unha fonte pequerrecha na que as bestas comezaron a fozar coas patas para agrandala e así poder beber. E así o fixeron durante nove días ata formar unha poza; e quedaron milagrosamente limpas de feridas e chagas”.
Un día, alguén, unha maga ou unha sabia, viu as tres bestas e sospeitou que non podían ser tal, senón mulleres encantadas naquela figura. A maga achegouse un día ás bestas con tres mazás camoesas, non outras, e ofreceulle unha daquelas mazás camoesas á primeira besta, e ao acabar de comela a besta volveuse moza. Deulla outra á segunda, e outra á terceira, e as tres bestas volvéronse mozas fermosas, primorosas…”

Outra lenda da Charca do Alligal di o seguinte:
“Hai tempo foron segar a Castela uns chairegos e o amo preguntoulle a un deles se coñecía a Charca do Alligal. Como dixo que si, explicoulle a maneira de lle desencartar tres fillas que alí tiña. Deulle un saco con tres bolos e pregoulle discreción. Cando chegou á casa, pousou o saco e deitouse, mais a muller, curiosa, abriu o saco, viu os bolos e botoulle o dente a un que comezou a sangrar pola mordedela polo que a muller, asustada, devolveuno ao saco. Ao día seguinte, o home colleu os bolos e foi ata a Charca do Alligal. Tirou un bolo na auga e ao instante saíu unha moza dacabalo dun cabalo branco que lle agradeceu o desencantamento cunha morea de cartos e xoias. Logo, tirou outro bolo e saíu outra moza dacabalo doutro cabalo branco que tamén o agasallou. Botou o terceiro bolo, o que mordera a muller, e de seguido saíu outra rapaza montada nun cabalo branco, pero coxo, pois o cacho de pan era a pata da besta. A moza, aborrecida, quitoulle os tesouros que lle deran as irmás e díxolle que pola súa culpa tiña que quedar alí encantada. Aínda así deulle un pano para a muller. E cando regresaba, por ver como lle quedaría posto á súa muller, presentouno arredor da póla dun carballo. Nunca tal fixera, o carballo arrincouse do chan, houbo un estrondo enorme e disque se pode ver o burato polos arredores do Alligal”.

Otras lendas recollidas din que a Charca é lugar de encantos, que se deixa ver alí unha galiña con pitos e unha muller fiando, e que moitos lle chaman a Fonte das Señoras.
A máis curiosa di que esta lagoa é neta dunha que hai na parroquia de Lanzós, e filla doutra que está nas parroquias de San Simón ou Vilapedre.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB

Charca do Alligal


https://galiciapuebloapueblo.blogspot.com/2017/03/charca-do-alligal-vilalba.html
https://galiciaencantada.com/lenda.asp?cat=4&id=1626


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.329533979392
Lonxitude: -7.7516138171406
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84