Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Vilalba
Parroquia: Codesido (San Martiño)
Lugar: Ferreira
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Edificación relixiosa do século XVII con posteriores reformas no XVIII feita a base de cantaría granítica e muros revocados en blanco, de planta rectangular dunha soa nave e cuberta a dúas augas aás na capela maior que é a catro augas.
A fachada principal presenta tres panos, con porta de aceso lintelada, xanela cadrada enmarcada e con derrame interno. O conxunto remata cunha espadana de dúas alturas: o inferior con dous ocos con arcos de medio punto con campás, e o superior con oco ovoide e pináculos de punta de diamante. No cume unha cruz de forxa.

Ao carón da igrexa podemos ver unha zona porticada exenta e un cemiterio de inicios do século XX e de estilo neogótico.

Esta igrexa, xunto co seu cemiterio, atópase no interior do castro de Codesido (http://patrimoniogalego.net/index.php/111783/2021/11/castro-de-codesido/).


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:

O interior alberga un retablo seudogótico, con esculturas de San Martiño e San Roque, ambas do sécuo XVIII.


Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://siotuga.xunta.gal/siotuga/documentos/urbanismo/GALICIA/documents/LUGPA007.PDF (páxina 6)

CODESIDO (SAN MARTIÑO DE CODESIDO)


https://mondonedoferrol.org/includes/tabla-parroquia-ficha.php?id=206

BIBLIOGRAFÍA
VV.AA. (1975). Inventario artístico de Lugo y su provincia. Servicio nacional de información artística, arqueológica y etnológica. Ministerio de Educación y Ciencia


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.323125789215
Lonxitude: -7.7629684708708
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84