
Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Vilalba
Parroquia: Codesido (San Martiño)
Lugar: Ferreira
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:
Xacemento de planta circular moi alterado, que conserva parte do seu muro. Atópase a unha altitude de 477 m.s.n.m e cunhas dimensións de 110 m. no eixo N-s e de 127 no eixo E-O.
No seu interior atópase a igrexa parroquial (http://patrimoniogalego.net/index.php/111776/2021/11/igrexa-parroquial-de-san-martino-de-codesido/) e o cemiterio.
O trazado dunha pista ao seu carón destruíu parte do xacemento.
O castro posúe un manancial no interior da croa.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: GA27065024
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
“Desde o castro de Codesido dicían que había un túnel, un camiño cuberto, polo que baixan os mouros beber eles e dar de beber ós mulares que tiñan a un rego que se chama o Rego da Pipa.
Desde a igrexa, que está no circundo do castro, ó Rego da Pipa aínda hai uns setecentos metros.
Tamén dicían que antigamente había uns mouros; que vivían uns mouros aí”.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACES WEB
http://siotuga.xunta.gal/siotuga/documentos/urbanismo/GALICIA/documents/LUGPA007.PDF (páxina 5)
https://onosopatrimonio.blogspot.com/2011/07/castros-de-galizagalicia-provincia-de.html
https://galiciaencantada.com/lenda.asp?cat=19&id=99
http://cheno-iberosceltas.blogspot.com/2018/01/castro-de-codesido-villalba.html
BIBLIOGRAFÍA
RAMIL REGO, Eduardo. (1997). Xacementos castrexos do Concello de Vilalba (Lugo). Análise dos emprazamentos. Férvedes, 4. (25-62)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.323376542209Lonxitude: -7.7626310108982
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84