Outra fotografía:

Tipo de ben: Castelo,
Concello: Vilalba
Parroquia: Codesido (San Martiño)
Lugar: A Torre
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

A toponimia do lugar fai referencia a unha torre derrubada na metade do século XX e da que hoxe non quedan restos agás a súa cimentación.
O que hoxe podemos ver é unha edificación feita en cantaría irregular e cachotaría granítica, de planta cadrada e que conserva restos da torre.
A construción posúe dúas partes ben diferenciadas. Unha delas, posiblemente do século XVI, conserva un oco de arco apuntado dovelado na súa fachada; a outra parte do edificio, posiblemente do século XVIII, posúe dous escudos heráldicos.

Xunto coa torre tamén se derrubaron varias edificacións adxectivas, como o calabozo (no que se conservaban as argolas de ferro para os presos), unha capela adicada a Nosa Señora das Angustias, e un foxo.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta: R-I-51-0008937 // TO27065005
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:

Nunha das fachadas do edificio existen dous escudos:

* un escudo decorado con lambrequines e casetóns, cuartelada en cruz con cinco barras horizontais, banda engolada coa lenda (“AVE MARIA”) e un castelo ameado.

* outro escudo en forma con forma de escudete, con cinco barras horizontais, e que posiblemente veña dunha edificación anterior.


Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACE WEB
http://siotuga.xunta.gal/siotuga/documentos/urbanismo/GALICIA/documents/LUGPA007.PDF (páxina 6)
https://onosopatrimonio.blogspot.com/2011/07/castelos-de-galicia-provincia-de-lugo.html
https://www.xn--castillosdeespaa-lub.es/es/content/torre-de-codesido

BIBLIOGRAFÍA
VV.AA. (1975). Inventario artístico de Lugo y su provincia. Servicio nacional de información artística, arqueológica y etnológica. Ministerio de Educación y Ciencia


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.318545133366
Lonxitude: -7.7649664238764
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84