Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Vilalba
Parroquia: A Torre (Santa María)
Lugar: Pedrouzos
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Pequena edificación relixiosa de planta rectangular, feita en cantaría granítica, cos muros parcialmente revocados en blanco, e cuberta a dúas augas con lousas de xisto.
Na fachada principal vemos unha porta de aceso lintelada e dúas bufardas aos lados.

Segundo se recolle na bibliografía: “Se hizo a instancias de don Rodrigo Montenegro y Camba”, familia da que existe unha edificación ao seu carón (http://patrimoniogalego.net/index.php/111819/2021/11/torre-de-pedrouzos/).

No adro da capela podemos ver tamén un cruceiro (http://patrimoniogalego.net/index.php/111830/2021/11/cruceiro-da-capela-de-pedrouzos/).


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:

No interior existe un retablo de época barroca que posúe a seguinte inscrición:
“ESTA CAPILLA Y RETABLO LA FVNDO D. R.° MTINEGRO ANO DE 1709.”

A bibliografía fai referencia a unhas imaxes do interior da capela: “a los lados del remate figuran los bustos de un escudero y un heraldo con escudo de las armas de su dueño. Escultura de San Juan de Dios del siglo XVIII”, das que non podemos afirmar a súa existencia.


Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

BIBLIOGRAFÍA
VV.AA. (1975). Inventario artístico de Lugo y su provincia. Servicio nacional de información artística, arqueológica y etnológica. Ministerio de Educación y Ciencia


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.248206353449
Lonxitude: -7.7243371406267
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84