Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida,
Concello: Cerdedo
Parroquia: Castro (Santa Baia)
Lugar: Figueira
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Edificación relixiosa do século XVIII feita en perpiaño e cachotaría granítica, de planta rectangular e cuberta a dúas augas con pináculos nos extremos. Nun deles existe un reloxo de sol.
Na fachada principal podemos ver unha porta de acceso lintelado e, ao seu lado dereito, unha fornela. Por riba da porta unha praca co nome da capela e unha fiestra rectangular con derrame interno.
O conxunto remata cunha esbelta espadana de dúas alturas. A primeira con dous longos ocos con arcos de medio punto. A superior posúe unha pequena sección moldura con pináculos nos extremos e cruz de forxa con catavento no cume.
Nun dos muros laterais da capela exiswte unha zona porticada de recente construción.

Esta capela foi queimada no ano 1809 polo exército de Napoleón durante a guerra da Independencia Española.

Ao carón da ermida podemos ver un fermoso conxunto de hórreos (http://patrimoniogalego.net/index.php/10929/2011/12/eira-da-ermida/), e tamén un cruceiro (http://patrimoniogalego.net/index.php/111847/2021/11/cruceiro-da-capela-da-virxe-dos-remedios/).


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

https://siotuga.xunta.gal/siotuga/documentos/urbanismo/CERDEDO/documents/27885ca101.PDF (ficha 15-AR-1 – páxina 2)

Patrimonio Religioso


https://galiciapuebloapueblo.blogspot.com/2020/08/eira-da-ermida-cerdedo-cotobade.html
http://www.xoanarcodavella.com/2012/10/capela-dos-remedios-filgueira.html

Carros e abstinencias na Eira da Ermida


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.564939457253
Lonxitude: -8.4187814495532
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84