
Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruz,
Concello: Vilalba
Parroquia: Belesar (San Martiño)
Lugar: A Crucitaria
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:
Cruceiro do ano 1951 que nace sobre un chanzo de sección cadrada. A súa base troncopiramidal da paso a un varal de sección cadrada coas arestas rebaixadas.
O capitel, cadrado e con molduras, soporta unha cruz de sección cadrada con corola e acanaladuras nos brazos.
Segundo podemos ler na bibliografía consultada, “este cruceiro foi construído en 1951 por Bernaldo Castro Caínzos, a quen lle axudou a montalo seu irmán, Xosé, para substítuir unha pequena cruz de chanta que había encima dunha pena a poucos metros de onde está agora o cruceiro. Diante del paraban os enterros”.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACES WEBS
http://siotuga.xunta.gal/siotuga/documentos/urbanismo/GALICIA/documents/LUGPA007.PDF (páxina 6)
https://cruceirosdegalicia.xyz/270650304.html
BIBLIOGRAFÍA
VILLARES MOUTEIRA, Félix. (2005). San Martiño de Belesar: memoria e futuro. Instituto Teolóxico Compostelán.
ARRIBAS ARIAS, Fernando, BLANCO PRADO, José Manuel e SAAVEDRA PÉREZ, Mario (2011). Cruceiros do Concello de Vilalba. Ed: Instituto de Estudios Chairegos.
VV.AA. (1975). Inventario artístico de Lugo y su provincia. Servicio nacional de información artística, arqueológica y etnológica. Ministerio de Educación y Ciencia
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.278084233327Lonxitude: -7.7501036997163
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84