Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Vilalba
Parroquia: Gondaísque (Santa María)
Lugar: O Castro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

Xacemento situado nun outeiro que se levanta nunha zona chaira, a uns 522 m.s.n.m., cunhas dimensións de 190 m. no eixo N-S por 160 m. no eixo E-O., e unha superficie total duns 22000 m2.
O castro consta dunha croa de forma case circular circundada por un parapeto cunha anchura variable entre os 15 e os 20 metros e unha altura máxima de 4.5 metros.
O conxunto presenta dous parapetos máis e un foxo, formando un amplo antecastro

No interior da croa se documenta un manancial de auga.

A uns 400 metros ao SE atópase o xacemento romano de Vilar de Eimil; e a uns 1000 m. ao NE o xacemento romano de Marco


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta: GA27065055
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:

A bibliografía recolle información sobre restops de edificacións de planta rectangular, cerámica de tradición nativa, ladrillos romanos e pezas de muíños barquiformes.


Tradición oral:

A tradición oral do lugar recolle que “ao pé deste castro atópase a aldea asolagada de Eimil. En días de moito sol aínda poden verse nunha poza as torres do campanario da igrexa somerxida”.

“Contaban que ó amencer saía unha galiña con pitos nunha fonte grande que hai alí; nunha fonte que nunca seca”.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://siotuga.xunta.gal/siotuga/documentos/urbanismo/GALICIA/documents/LUGPA007.PDF (páxina 5)

GONDAÍSQUE


https://mondonedoferrol.org/includes/tabla-parroquia-ficha.php?id=230
https://galiciaencantada.com/lenda.asp?cat=4&id=101
https://onosopatrimonio.blogspot.com/2011/07/castros-de-galizagalicia-provincia-de.html

BIBLIOGRAFÍA
RAMIL REGO, Eduardo. (1997). Xacementos castrexos do Concello de Vilalba (Lugo). Análise dos emprazamentos. Férvedes, 4.
RAMIL REGO, Eduardo. Xacementos romanos no Concello de Vilalba (Lugo). A súa relación co entorno xeográfico.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.286265197625
Lonxitude: -7.7253194765273
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84