
Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida,
Concello: Vigo
Parroquia: Coruxo (San Salvador)
Lugar: Pedreiras - Fragoselo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:
Edificación relixiosa construída na década dos 70 do século XX a base de cemento e ladrillo, de planta irregular e cuberta a dúas augas.
A fachada principal presenta dous panos en angulo e unha porta de acceso lintelada cun pequeno pórtico.
No cume vemos unha espadana dun só oco, con cruz pétrea de remate e pináculos nos laterais. Vemos tamén unha pequena cartela coa seguinte data: “1989”.
Esta capela substitúe a outra anterior situada fronte a ábsida da igrexa parroquial (http://patrimoniogalego.net/index.php/9955/2011/11/igrexa-e-necropole-de-coruxo/), e que foi derrubada no ano 1972. Dita capela era unha das ermidas máis antigas do Concello de Vigo, da que existen referencias bibliográficas do ano 1528.
A espadana que podemos ver hoxe en día e a orixinal da antiga capela.
Fotogrametría:
Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
O interior alberga as imaxes de San Sebastián, San Cosme e San Damián, todas elas trasladadas da antiga ermida.
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
BIBLIOGRAFÍA
GONZÁLEZ FERNÁNDEZ, Juan Miguel (1997). Inventario histórico das ermidas de Vigo e do Val do Fragoso. Séculos XVI – XIX. Colección Datos 8. Concellería de Patrimonio Histórico. Concello de Vigo
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.180603102532Lonxitude: -8.7666174329736
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84