
Outra fotografía:

Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: A Barcala (comarca) / Negreira
Parroquia: Xallas (San Pedro)
Lugar: Forniños
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Neolítico,
Descrición:
A mámoa conserva o seu túmulo de terra que acada uns 15 metros de diámetro, e elévase do ras do chan 1,7 m, medidas estas aproximadas. Presenta cono de profanación e poden verse restos de cachotería que poderían formar parte da súa coiraza. Está mámoa está formando parte dun conxunto de tres, denominadas Mámoas de Fornos, pero as outras dúas non están visibles. A denominada Mámoa de Fornos 2, segundo a situación dos planos do catálogo de Bens do Concello de Negreira e o visor de afeccións patrimoniais do mapa do Plan Básico Autonónimo, estaría case desaparecida polas labores agrícolas dentro dun prado, a 90 metros ao oeste desta. A número tres estaría dentro dun lugar inzado de vexetación alta, No lugar onde se sitúan pasa a liña divisoria dos concellos de Outes e Negreira.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA15052022
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Catálogo de Protección do PXOM de Negreira do ano 2000
https://siotuga.xunta.gal/siotuga/documentos/urbanismo/NEGREIRA/documents/0245CA003.PDF
(Páxina 2 de 26 do pdf)
Información Xeográfica de Galicia Visor PBA Xunta de Galicia.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Sobre a mámoa medran grandes piñeiros e un camiño cortoulle unha parte pequena do lado oeste.
Onde está localizado
Latitude: 42.860398787847Lonxitude: -8.8534036579742
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
Se estiveches nel, valora o estado deste Ben Cultural (é importante):





