Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Zas
Parroquia: Vilar (San Pedro)
Lugar: Igrexario de San Pedro de Vilar
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:
Cruceiro de tipo “De Cruz” con plataforma cuadrangular de tres chanzos e pedestal cuadrangular con remates en chafrán e unhaa mesa acaroada. Nos chafráns do pedestal ten inscricións “… ANO 1840?”. O varal é octogonal comezando en cadrado e disminuíndo a súa sección segundo este elévase. Ten un capitel cuadrangular con mediacana que soporta unha cruz octogonal con remates florenzados con botón central. O cruceiro é todo de granito cun bo estado de conservación.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
– MARTÍN RUIZ, L.: “Cruceiros na provincia da Coruña”. Volume IV. Deputación Provincial da Coruña, 1999.
http://siotuga.xunta.gal/siotuga/documentos/urbanismo/ZAS/documents/26250CA001.pdf (Pax. 11).
http://siotuga.xunta.gal/siotuga/documentos/urbanismo/ZAS/documents/26250CA007.pdf (Páx. 5).
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.109696529294Lonxitude: -8.9580297613917
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Oscar Franco says:
Nov 29, 2021
Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.
ENLACES DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html