
Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Vigo
Parroquia: Vigo Centro
Lugar: Vigo - Castelo de San Sebastián
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:
Cruceiro do escultor Silvino Silva feito entre as décadas dos 60-70 do século XX que nace sobre dous chanzos de sección cadrada. A súa base irregular semella ter forma leñosa.
O varal, de sección cilíndrica, ten forma leñosa con nós. Na súa metade podemos ver unha imaxe.
O capitel ten apariencia de columna minoica (máis ancha na parte superior que na inferior) e posúe unhas molduras decorativas.
O conxunto remata cunha cruz sección cilíndrica e de textura leñosa con nós. Nela aparecen as imaxes de Cristo crucificado baixo cartela de INRI no anverso, e a Virxe coas mans en oración e apoiada sobre unha peaña con forma de rostro no reverso.
Este cruceiro atópase no interior do castelo de San Sebastián (http://patrimoniogalego.net/index.php/15604/2012/03/forte-de-san-sebastian/).
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACE WEB
https://cruceirosdegalicia.xyz/360572307.html
BIBLIOGRAFÍA
PRADO GONZÁLEZ, Manuel Gonzalo (2010). Cruceiros, cruces e petos de ánimas do Val do Fragoso. Actas do IIº Congreso Galego sobre “Cruceiros e cruces de Pedra. Editor: E F. de la Cigoña.
PRADO GONZÁLEZ, Manuel Gonzalo (2013). Cruceiros, Cruces e Petos de Ánimas en Terras de Fragoso. Diputación de Pontevedra.
BANGUESES VÁZQUEZ, Mercedes (2020). Escultor SILVINO SILVA. Xamaruas dos arxinas. Instituto de Estudios Vigueses.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.237003956008Lonxitude: -8.7265401890387
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84