Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Terra de Soneira (comarca) / Vimianzo
Parroquia: Bamiro (San Amedio)
Lugar: Bamiro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Situada ó pé do Montetorán, nun lugar solitario, a pouco do lugar vimiancés de Bamiro. A reitoral é o único edificio que a acompaña. É unha das poucas igrexas da comarca na que o cemiterio está ben integrado co seu adro.

Ten planta alongada, única de salón. Fórmana unha capela maior rectangular, unha nave rectangular e unha sancristía adosada ó presbiterio. As dúas primeiras seccións (a nave e a capela) elévanse á mesma altura. A sancristía queda a un nivel inferior cuberta a dúas augas de tella, como as anteriores. As súas paredes están levantadas de cantería, con pezas de corte irregular. No tramo final do muro sur ábrese unha porta alintelada de acceso ó campanario.
A fachada (s.XVIII), de cantería de granito, presenta o típico esquema pentagonal. No seu eixe vertical van a porta principal alintelada, un fornelo de medio punto que acolle a imaxe do patrón, San Amedio (barroco), unha xanela rectangular e a torre-campanario.
Esta foi levantada na segunda metade do século XVIII, de estilo barroco, cun modelo que lembra á torre da igrexa compostelá das Orfas, de Fernando de Casas.
Está coroada cun pequeno cupulín, formado por un tambor octogonal decorado con arcos semicirculares.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

LEMA SUÁREZ, X. Mª: «A arte relixiosa na Terra de Soneira». Coordenadas/Neria/U.dos V., Santiago 1998.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.14100373523148
Lonxitude: -8.97231638431549
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84